Fraga de Menáncaro: Formación Senlleira
Alegacións ao o Proxecto Normativo que regulará o Catálogo Galego de Árbores e Formacións Senlleiras, sometido a información e audiencia pública, mediante a Resolución do 11 de Xullo de 2006, da Dirección Xeral da Conservación da Natureza [publicado no DOG nº 143 do 26 de Xullo de 2006]

sexta-feira, setembro 08, 2006

ANEXO -III- Situación, accesos e propiedade.

A Fraga de Menáncaro está situada na parroquia de Serantes, no Concello de Ferrol, provincia da Coruña, estando o seu centro nas coordenadas 43º30'40" N - 8º14'12" W.

A Fraga está situada a 3Km en liña reta dirección noroeste desde a Praza do Concello, e a 4,5 km do centro da cidade por estrada, á que se chega por diferentes accesos, sendo as principais vías: a estrada Ferrol-Covas [CP-3603], a estrada de Mandiá-Pazos.

A zona comprende partes de diferentes lugares da parroquia como son: Feás, Quiá, Menáncaro, Roza, Queira, Aguillón, ... cuxa propiedade é privada.

A Fraga está dividida en numerosas parcelas, mais a parcela máis grande, con case 5 ha é propiedade só de dúas persoas ao 50%, estas son: Juan Roca Gallego NIF 32548729-A e Juan Fernández García NIF 32543650-F. Algunhas outras persoas propietarias son: Teresa Leirachá López NIF 32576115-V; Ramón Regueiro santiago NIF 32591787-M; Pilar Veiga Losada NIF 32477480-P; Fernando Montero Montero NIF 32541704-Q.

Para máis información ver libro de poligonos do Catastro de Rústica da provincia da Coruña, municipio Ferrol 037, polígono 14, páxinas do 240 á 247.

[Ver imaxens do Google Earth e do Sixpac que se achegan].

Localización da Fraga de Menáncaro, segundo Googfle Earth


Fraga de Menáncaro


Fraga de Menáncaro, delimitado de xeito aproximado, o espazo natural a protexer


División en parcelas, segundo o SixPac


División en recintos, segundo o SixPac



Nenhum comentário: